Inicio Carballo ao día Axenda O escritor catalán Alejandro Seral...

O escritor catalán Alejandro Seral presenta "Morir dos veces"

Xoves 29 de xuño do 2023 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Benestar

O escritor Alejandro Seral, pseudonimo de Iván Alexandre Urbán Avellaneda (Barcelona, 1984), presenta na biblioteca Rego da Balsa a novela Morir dos veces, coa colaboración de Afaber.

A obra, de temática relacionada co alzheimer, ten un enfoque valente e esperanzador do xeito e afrontar esta enfermidade. Durante a presentación proxectarase unha reportaxe co mesmo título que foi emitida no programa Crónica de TVE, e de seguido o autor presentará a novela autobiográfica sobre como afrontou a diagnose da enfermidade de alzheimer do seu pai e como iso afectou á familia.

No acto tamén participará a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31