Inicio Carballo ao día Axenda Acto de inauguración da exposición...

Acto de inauguración da exposición con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa da Coruña

Venres 17 de xuño do 2016 Pazo da Cultura - 20.00 h. Cultura

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura

O andar -1º do Pazo da Cultura acolle a partir das 20.00 horas o acto de inauguración dunha exposición con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de A Coruña. A mostra fai un percorrido pola historia da entidade. A través de 20 paneis refléxanse os momentos máis relevantes dos 50 anos de vida da asociación, dende o nacemento á situación actual, as presidentas, reivindicacións, actividades, distribución territorial, presencia nas institucións, o labor solidario, etc. Despois de Carballo exhibirase na Coruña, Santiago, Cee, Ferrol e Ribeira. A exposición, poderá visitarse ata o 1 de xullo de 17.30 h a 20.30h, de luns a domingo.

Ao acto de apertura acudirán: o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a Directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Abea e a Presidenta da Asociación, Rosa Celia Otero.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4