Inicio Carballo ao día Axenda Lectura poética de Xavier Rodríguez...

Lectura poética de Xavier Rodríguez Baixeras

Venres 23 de setembro do 2022 20.00 horas - Espiral Maior Foro Cultura

Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) acolle, no marco da exposición O lume das formas. Obxectos, do artista vigués Pepe Cáccamo, un recital de poesía a cargo de Xavier Rodríguez Baixeras, unha das grandes voces da poesía galega contemporánea.

Presentarán a lectura poética o tamén poeta e escritor Xosé María Álvarez Cáccamo e o director de Espiral Maior Foro, Miguel Anxo Fernán Vello.

Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945), poeta, ensaísta e tradutor, foi recoñecido, entre outros, co Premio da Crítica Española en dúas ocasións (1987 1997), Premio PenClube-Caixanova, Premio da Crítica Galega, Antón Losada Diéguez, Miguel González Garcés da Deputación da Coruña e Cidade de Ourense. Autor de 15 libros de poesía, a súa actividade como tradutor ao galego, castelán e catalán inclúe máis de 30 autores clásicos e contemporáneos. No ano 2020 obtivo o Premio Nacional de Periodismo Álvaro Cunqueiro pola súa monumental obra sobre gastronomía titulada “Dicionario da comida galega”.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D