Inicio Carballo ao día Axenda Chega a Carballo o programa "Coidados porta...

Chega a Carballo o programa "Coidados porta a porta"

Do xoves 4 de agosto ata o luns 8 de agosto do 2022 Jacinto Amigo Lera Benestar

A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta, impulsado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, estará na rúa Jacinto Amigo Lera os días 4, 5 e 8 de agosto para ofrecer, de xeito gratuíto, consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos de idade. 

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, serán os seguintes:

  • Servizo de Audioloxía: atención básica, informativa e prevención da xordeira.
  • Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
  • Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida.

As persoas interesadas poden pedir cita chamando aos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Descargas

Compartir:


- 2022 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
9
11
14
15
16
18
21
22
23
27
28
29
30
31