Inicio Carballo ao día Axenda Ruta solidaria en bici de Carballo a Razo pola...

Ruta solidaria en bici de Carballo a Razo pola senda ciclopeonil

Sábado 18 de setembro do 2021 11.00 horas - Saída do Gadis Híper

Igual que o día anterior, o sábado 18 sairemos de ruta, pero nesta ocasión en bicicleta e ata Razo, pola senda que comunica a zona urbana coa costa, e que sorprenderá especialmente polo seu percorrido alternativo á estrada provincial. Se che gusta a bici non podes faltar!

A ruta en bici tamén será solidaria, pero ademais contaremos co patrocinio da empresa construtora Vázquez y Reino, que executou varias obras do proxecto Cicl-Ando Carballo, incluída a senda a Razo. O percorrido terá como guías a ciclistas do Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino. Á chegada a Razo, os/as participantes serán recibidos/as cun almorzo saudable por parte da empresa patrocinadora para que recobren forzas para o regreso. ç

Nesta ruta tamén se entregará material, polo que se precisa inscrición previa en comunicacion@carballo.gal, preferentemente, ou o mesmo día no punto de partida.

Compartir:


- 2021 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
8
9
10
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31