Inicio Carballo ao día Axenda "Os 1001 contos revirados", co Pequeno...

"Os 1001 contos revirados", co Pequeno Cabaret Infantil

Mércores 15 de setembro do 2021 17.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

As "Tardes de Conto" chegan esta semana con Nelson Quinteiro e o Pequeno Cabaret Infantil, que presenta "Os 1001 contos revirados", un espectáculo para nenos e nenas que instala un vistoso teatriño a modo de unha barraca de feira antiga e no que o Mestre "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta" farán as delicias dos máis pequenos, e non tanto, transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual e dende unha perspectiva de xénero que empodera ás súas protagonistas.

A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, de Cultura Carballo e do Concello de Carballo), para todas aquelas persoas que non poidades ou non queirades asistir presencialmente.
Reserva de entradas no 981 75 85 80. 

Público: nenos e nenas de 4 a 12 anos, acompañados por unha persoa adulta.
Actuación incluída no programa de animación á lectura Ler Conta Moito (Xunta de Galicia).
Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir:


- 2021 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D