Inicio Carballo ao día Axenda Maraya Zydeco, en concerto no Verán...

Maraya Zydeco, en concerto no Verán Cultural

Venres 13 de agosto do 2021 22.00 horas - Rúa Jacinto Amigo Lera Cultura

Maraya Zydeco é unhas das poucas bandas europeas que traballan o xénero cajun, zydeco, e que consegue crear bastante espectación ao escoitar un acordeón interpretando esas músicas, moi próximas á música galega. Maraya é o nome artístico da acordeonista María A. Santiago que, aínda que procede do contexto clásico, sempre tivo especial sensibilidade por este estilo fortemente irmanado coa nosa música tradicional.

En directo o cuarteto tamén relembra aos clásicos, achegando a súa visión particular dos máis grandes referentes do xénero, coma Clifton Chenier, Buckwheat Zydeco ou Rosie Ledet, entre outros.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2021 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D