Inicio Carballo ao día Axenda "Sen medo", circo en familia coa...

"Sen medo", circo en familia coa compañía Maintomano

Domingo 28 de marzo do 2021 18.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Sen medo supón unha abordaxe ao medo e a maneira de superalo, un reto que é unha oportunidade de medrar e de ter novas ferramentas para vivir. O medo como estímulo. As acrobacias toman forma sobre unha escada, que a partir deste obxecto escénico establecerán as dudas, os desafíos, as certezas e os riscos.
A compañía Maintomano, de Castela e León, conta cunha importante traxectoria e acadou varios premios en festivais nacionais de teatro de rúa.

Intérpretes: Morgane Jaudou e Marcos Rivas.
Coreógrafa aérea: Zenaida Alcalde.
Composición musical: Borja Fernández.
Escenografía: Marcos Rivas e Antonio Cerro.
Dirección: Pablo Ibarluzea

Duración. 55 minutos
Público preferente: a partir de 7 anos
Entradas: 4€ / 3€. Venda anticipada de entradas en www.ataquilla.com (gastos de xestións) e o mesmo día do espectáculo, dende 90 minutos antes do inicio, na billeteira do Pazo da Cultura.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4