Inicio Carballo ao día Axenda Mesa redonda e microconferencias no Festival...

Mesa redonda e microconferencias no Festival Rexenera Fest

Sábado 4 de xuño do 2016 Fórum Carballo - 17.00 h. Cultura

Rexenera Fest

Obra de Natalia Rak no Rexenera Fest

O Fórum Carballo acolle de 17.00 a 19.00 horas unha mesa redonda ao redor da arte urbana na que participarán catro poñentes representando a diferentes proxectos neste eido. Cada convidado exporá a súa traxectoria e experiencia e compartiremos o coñecemento adquirido por cada un, reflexionando sobre a deriva deste tipo de eventos nos últimos anos e sobre a potencia e relevancia da arte como ferramenta transformadora na sociedade actual. Será con Lara Seixo, DesOrdes Creativas, o Festival Asalto e Derrubando Muros.

A continuación, de 19.00 a 20.30 horas, os propios artistas convidados que participan este ano no Rexenera Fest ofrecen un ciclo de microconferencias no que compartirán as súas experiencias co público. Amosando a súa obra, traxectoria e filosofía de traballo. As dúas citas son de balde ata completar o aforo no Fórum Carballo. Será con No3l, Hyuro, Issac Mahow e AL Crego.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4