Inicio Carballo ao día Axenda Masterclass "Introducción ao...

Masterclass "Introducción ao muralismo" no Rexenera Fest

Do xoves 2 de xuño ata o venres 3 de xuño do 2016 Fórum Carballo - A partir das 10.00 h. Cultura

Obra de Cestola na Cachola

Obra de Cestola na Cachola

O festival internacional de arte urbana Rexenera Fest ofrece unha masterclass co colectivo Cestola na Cachola. Durante duas xornadas Xoana Almar e Miguel Peralta impartirán unha master class de iniciación á arte mural na que achegarán ao alumnado as técnicas de composición e traducción do papel ao muro, o tratamento das cores pigmento e a súa aplicación para a creación das luces, e un achegamento práctico á utilización do spray.

DATAS: 2 e 3 de xuño
HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:30 h.

Xoana Almar e Miguel Peralta ( a.k.a. Nömada) traballan xuntos no eido da pintura combinando a creación individual coa conxunta. No 2013 constituiron a cooperativa galega Cestola na Cachola, na que desenvolven a parte artística: murais, estampación, ilustración de contos, carteis, pinturas, serigrafías.

Cunha ampla experiencia como muralistas, teñen participado individual ou conxuntamente en diversos festivais e proxectos de arte urbana como DesOrdes Creativas 2013, Rexenera fest 2015, Murais na Ribeira Sacra 2015 e diversas exposicións propias ou colectivas.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31