Inicio Carballo ao día Axenda Masterclass "O realismo no grafitti" no...

Masterclass "O realismo no grafitti" no Rexenera Fest

Do martes 31 de maio ata o mércores 1 de xuño do 2016 Fórum Carballo - A partir das 10.00 h. Cultura

Obra de Sekone

Obra de Sekone

O festival internacional de arte urbana Rexenera Fest ofrece unha masterclass co artista Sekone. A actividade xirará en torno a aproximación á complexa técnica do realismo ou hiperrealismo mediante o uso do spray. Constará dunha parte teórica onde se mostrarán traballos de distintos artistas contemporáneos co fin de analizar as súas obras, e unha parte práctica na que se emprazará ao alumno/a a realizar unha obra propia co asesoramento do artista.

DATAS: 31 de maio e 1 de xuño
HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:30 h.

Artista multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao a explorar diversos medios pictóricos dando resultado a unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguais da nostalxia, o absurdo, o cotiá e a súa propia intimidade vital e creativa.

Participa en diversos festivais de arte urbana como o festival MUAU 2010 (A Coruña), Desordes Creativas 2013 e 2014 (Ordes, A Coruña) ou MulaCity 2014 (Getafe, Madrid) así como diversas exposicións individuais e colectivas.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31