Inicio Carballo ao día Axenda Concerto de Emma Trica e Jason McNiff na...

Concerto de Emma Trica e Jason McNiff na Biblioteca Rego da Balsa

Xoves 2 de xuño do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 20.00h Cultura

Emma Trica e Jason McNiff

Continúa no mes de xuño a intensa programación da Biblioteca Rego da Balsa, unha vez máis confirmándose como un espazo para a celebración de concertos coa actuación, a partir das 20.00 h. de Emma Trica e Jason McNiff.

Emma Trica é unha cantante e guitarrista folk italiana afincada en Londres que nos visita en formato dúo acústico xunto ao cantautor escocés Jason McNiff. Na súa proposta atópanse reminiscencias de Joni Mitchell, Joan Baez, Judy Collins ou June Tabor. Considerada unha das voces máis interesantes do folk inglés do momento, chamou a atención de xente do talento de Andy Votel, quen editou o seu disco de debut no prestixioso selo Finders Keepers; John Renbourn, quen a convidou a virar por Europa ou o mismísimo Jarvis Cocker.

Prezo da entrada: de balde; pode obterse máis información na Biblioteca Rego da Balsa (Teléfono: 981 758 580); enderezo electrónico <biblioteca@carballo.gal>.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31