Inicio Carballo ao día Axenda Esta fin de semana come o mundo na Food Truck Fest

Esta fin de semana come o mundo na Food Truck Fest

Do venres 13 de setembro ata o domingo 15 de setembro do 2019 Todo o día - Praza do Concello Cultura

A Praza do Concello de Carballo acollerá esta fin de semana o Food Truck Fest, unha cita coa cociña sobre rodas na que seis vehículos ofrecerán variantes gastronómicas para todos os gustos. Hamburguesas premium, bocadillos gourmet, gastronomía orixinal e saudable,  tapas diferentes, cociña veggie, viños de autor, cervexas especiais, sesión vermú, cociña en directo, produtos de proximidade e actividades e animación constante.

Ademais haberá showcookings con recoñecidos cociñeiros, obradoiros para iniciar na cociña saudable ás e aos máis cativos da casa e variadas actividades de animación infantil para toda familia, que convivirán coas actuacións de bandas de versións de grandes éxitos e un mercado de artesanía.  Non volo perdades!

Programa

VENRES 13
17.30 h. Obradoiros infantís.
18.00 h. Showcooking con Álvaro Victoriano, dos restaurantes Peculiar e Intenso.
19.00 h. Obradoiros infantís.
21.00 h. Concerto The Cruz.
23.00 h. DJ
00.20 h. Peche.

SÁBADO 14
12.00 h. Showcooking con Marcos Seoane, de Restaurante Río Sil.
12.00 h. Obradoiro de cociña divertida para nenas e nenos.
13.00 h. Sesión vermú con Dj Pop Voyage.
17.30 h. Obradoiros infantís.
18.00 h. Showcooking con Rocío Martínez, do Restaurante Pementa Rosa.
19.00 h. Obradoiros infantís.
21.00 h. Concerto: Reconversión.
23.00 h. DJ Pop Voyage.
02.00 h. Peche.

DOMINGO 15
12.00 h. Showcooking con Chisco Ramos, do Restaurante A Esmorga.
12.00 h. Obradoiro de cociña divertida para nenas e nenos.
13.00 h. DJ Sesión vermú.
17.00 h. Peche.

Organiza: Concello de Carballo e Carballo a un paso
Colabora: Mahou, Cadena Ser e Oti Fernandez

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24