Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro práctico de estimulación...

Obradoiro práctico de estimulación para bebés de 0 a 3 anos

Martes 12 de febreiro do 2019 18:00 horas - Ludoteca Municipal Cultura

Se tes nenos/as de 0 a 3 anos e queres compartir con outros pais/nais a experiencia da crianza en idades temperás ao tempo que descubres a importancia da educación sensorial na estimulación diaria, inscríbete canto antes no obradoiro práctico que se vai celebrar na Ludoteca Municipal para aprender a estimular as intelixencias múltiples de bebés de 0 a 3 anos, a través da educación sensorial.

Para participar tan só tes que anotarte chamando ao teléfono 981 758 580 ou ben presencialmente na Biblioteca Rego da Balsa. As prazas son limitadas. Así que, non quedes sen a túa! Bule! 

Público: pais/nais bebés de 0 a 3 anos
Entrada: Libre e de balde. Precísase convite
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D