Inicio Carballo ao día Axenda Trece cachelas participan na 31ª...

Trece cachelas participan na 31ª edición do tradicional concurso de San Xoán

Sábado 23 de xuño do 2018 De 19 a 23 horas - Barrios de Carballo Cultura

Xa queda menos para o tradicional Concurso de Cachelas. Co obxecto de promocionar unha das manifestacións culturais máis importantes do San Xoán e manter vivo un dos nosos costumes máis arraigados, a A.C. San Xoán organiza a que será a XXXI edición, na que poden participar todas as persoas que o desexen e cumpran coas bases establecidas para este ano, dispoñibles tanto na páxina web do Concello como na revista do San Xoán, entre outros. Este ano temos 13 cachelas en concurso, e se queredes velas antes de que acaben consumidas polo lume non tedes máis que seguir o plano adxunto.

Das 19 ás 23 horas, o xurado percorrerá as diferentes cachelas inscritas para proceder á súa valoración tendo en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución...). Este ano, repartiranse un total de 1.800 € en premios e subvencións ademais dunha gratificación que oscilará entre 20 e 50€, en función da súa calidade, para as 20 primeiras inscricións que non resulten premiadas. A que estás agardando para participar? Dáte présa porque o prazo para anotarse finalizará o xoves, 21. 

Organiza: A.C. San Xoán
Colabora: Sargadelos Galería de Carballo

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4