Inicio Carballo ao día Axenda II Xornada inclusiva Xuntos imos voar

II Xornada inclusiva Xuntos imos voar

Sábado 2 de xuño do 2018 De 11:00 a 14:00 horas - Praza do Concello Cultura

Gustaríache xogar ao baloncesto en cadeira de rodas? Coñeces o goalball? Atreveste a confeccionar unha figura de barro? Ou prefires aprender a elaborar uns saborosos petiscos? Dá igual o que elixas porque o sábado 2 terás a oportunidade de realizar todas estas actividades e moitas máis na II Xornada Inclusiva de Portas Abertas que organiza a asociación deportiva Un Paso Máis.

Fútbol, baloncesto, goalball, pádel, un obradoiro de oleiría e ata un pequechef para dar a coñecer as actividades que a entidade leva a cabo a longo do ano e promover así a inclusión de nenos/as e mozos/as con e sen diversidade funcional. Tamén haberá inchables e moitas sorpresas máis para desfutar "todos xuntos" dun día no que a igualdade e a diversidade serán as protagonistas. Apúntaste?

Participación: Público xeral
Organiza: A.D. Un Paso Máis
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D