Mocidade

Mocidade

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100
Fax: 981 702 858

Presentación

Festival Sereas e Piratas

A Concellaría de Mocidade pretende ofrecerlle á xuventude carballesa o maior número posible de recursos. Dende este departamento, o Concello persegue atender as principais preocupacións da mocidade e escoitar, ademais, as necesidades que presenta.
 
A Concellaría traballa de cotío na posta en marcha de iniciativas, tanto no eido cultural, coa promoción de actividades musicais, como no deportivo, coa proposta de novas alternativas en épocas de lecer. Entre as citas coas que colabora o departamento de forma regular hai que mencionar o Festival Sereas e Piratas, que ofrece unha ampla variedade de actividades deportivas e espectáculos musicais na praia de Razo durante o verán; ou o Festival XiriaPop, que cada ano ofrece no mes de setembro interesantes propostas musicais con artistas de renome do panorama nacional e mesmo internacional.

Carballo na memoria

Dentro do traballo da Concellaría de Mocidade tamén hai que salientar o proxecto "Carballo na memoria", que ten como obxectivo recuperar a historia fotográfica da vila coa colaboración de todos os veciños e veciñas, e, nomeadamente, da mocidade carballesa. Toda a cidadanía pode colaborar achegando  as súas fotos antigas. Ademais, grazas á creación de “brigadas dixitais”entre a mocidade, a xuventude serve de nexo de unión entre as imaxes que poden gardar os seus avós e avoas, e as novas tecnoloxías necesarias para convertelas a formato dixital e crear así un gran arquivo de imaxes.

Ligazóns

Compartir: