Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Convocadas as comisións informativas de Acción Social e Asuntos Económicos

CONVOCATORIA

Convocadas as comisións informativas de Acción Social e Asuntos Económicos

Mércores 25 de outubro do 2006

Este mércores, 25 de outubro, celebraranse as comisións informativas de Acción Social, Participación e Persoal e de Asuntos Económicos e Especial de Contas, previas á sesión plenaria ordinaria do vindeiro luns. A comisión informativa de Acción Social, Participación e Pesoal comezará ás 18.30 horas, mentres que a Asuntos Económicos e Especial de Contas comezará ás 18.45 horas.

O Concello dotou aos colexios do rural de novos xogos adaptados á normativa

ENSINO

O Concello dotou aos colexios do rural de novos xogos adaptados á normativa

Mércores 25 de outubro do 2006

O Concello de Carballo rematou a instalación, nos colexios e escolas do rural, de novos xogos adaptados á normativa actual para o aproveitamento dos máis pequenos. A intención do Concello é a de ir ampliando os xogos cando haxa máis orzamento, co ánimo de engadir máis das dúas pezas que se foron colacando na maioría dos centros de ensino. En total colocáronse 16 bambáns de dous asentos, catorce balancíns con resortes e dous tobogáns.

Traballo confirma un novo Obradoiro de Emprego para Carballo

XORNADAS DE SAÚDE LABORAL

Traballo confirma un novo Obradoiro de Emprego para Carballo

Mércores 25 de outubro do 2006

A delegada provincial da Consellería de Traballo, María Debén, confirmou esta mañán en Carballo, na inauguración das IV Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral, un novo Obradoiro de Emprego para a localidade. O Obradoiro de Emprego será para maiores de 25 anos e contará con 40 alumnos. O anuncio tivo lugar no Pazo da Cultura, nun acto no que, ademáis da delegada provincial de Traballo, tomaron parte o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o tenente de alcalde, Xosé Antonio Viña, o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenseca e o director provincial do INEM, José Manuel Pose.

Convocadas dúas prazas de técnico de Administración Xeral e técnico medio de Administración Xeral

EMPREGO PÚBLICO

Convocadas dúas prazas de técnico de Administración Xeral e técnico medio de Administración Xeral

Martes 24 de outubro do 2006

O Concello de Carballo ven de facer a convocatoria para cubrir en propiedade unha praza de técnico superior, Escala de Administración Xeral, Subescala técnica, e unha praza de técnico medio, Escala de Administración Xeral, Subescala de Xestión, ambas incluidas na Oferta de Emprego Público do Concello de Carballo para 2006. O sistema de selección é oposición, quenda libre.

Carballo acolle unha nova edición das Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral

CONVOCATORIA

Carballo acolle unha nova edición das Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral

Martes 24 de outubro do 2006

O Pazo da Cultura acolle este mércores, 25 de outubro, o comezo das IV Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral, dirixidas ao personal docente e ao alumnado do Centro Municipal de Formación e da Escola Obradoiro de Carballo. O acto de apertura terá lugar ás 11,00 horas, e participarán do mesmo o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o tenente de alcalde, Xosé Antonio Viña, o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenseca, a delegada provincial de Traballo, María Debén, e o director provincial do INEM, José Manuel Pose.

O Concello abre o prazo para participar do programa ‘Concilia’

ENSINO

O Concello abre o prazo para participar do programa ‘Concilia’

Martes 24 de outubro do 2006

O Concello de Carballo abre este mércores, 25 de outubro, o prazo para apuntarse ao programa Concilia, unha iniciativa da Concellaría de Muller, Sanidade e Emigración que pretende conciliar a vida laborar e familiar, permitindo ás nais e pais deixar aos seus fillos e fillas no centro de ensino desde as 07,30 horas até o comenzo da xornada escolar. O programa desenvolverase nos colexios Fogar, Bergantiños e Cristina a partir do vindeiro 2 de novembro. O Concello fará entrega este mércores, aos centros de ensino que participan da iniciativa, da información do programa para as nais e pais dos alumnos e alumnas.

O terceiro Xulgado de Carballo comezará a funcionar a finais de ano

XUSTIZA

O terceiro Xulgado de Carballo comezará a funcionar a finais de ano

Luns 23 de outubro do 2006

O Boletín Oficial do Estado do 10 de outobro de 2006 publica a Orde do Ministerio de Justicia pola que se establece o 30 de decembro deste ano como data de entrada en funcionamento do 3º Xulgado de Carballo. Culminase así unha xestión de moita importacia para o Partido Xudicial de Carballo que ten como punto de partida a sensibilidade demostrada pola Consellería de Presidencia diante das demandas formuladas desde Carballo e a consecuente defensa da nova unidade xudicial para Carballo no Consello Sectorial.

Silvia Muñiz é a segunda finalista do Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos

CULTURA

Silvia Muñiz é a segunda finalista do Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos

Luns 23 de outubro do 2006

Silvia Muñiz Oubiña, de Sanxenxo, acadou o primeiro premio na segunda das semifinais do Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos Outono de Teatro, celebrada o pasado venres na Cervexaría Dublín de Carballo. O resultado permitiralle participar na final xunto con Pedro Brandariz, de San Pedro de Nós, seleccionado na primeira eliminatoria. Ademáis dos gañadores das dúas eliminatorias, tamén participarán catro monologuistas máis de Galicia, na final que terá lugar o venres 27, a partir das 21,00 horas no Pazo da Cultura.

A Companhia Chapitô e Sarabela Teatro toman o relevo no Festival Internacional Outono de Teatro

CULTURA

A Companhia Chapitô e Sarabela Teatro toman o relevo no Festival Internacional Outono de Teatro

Venres 20 de outubro do 2006

O Pazo da Cultura de Carballo volverá a izar o pano esta fin de semana con dúas novas obras do Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, a representar o sábado e o domingo. O sábado 21 será a vez da compañía portuguesa Chapitô, coa obra O grande criador, e o domingo 22 serán os galegos de Sarabela Teatro os que leven ao Pazo da Cultura Macbeth. As dúas funcións comezarán ás 21.00 horas.

O Concello de Carballo xa pode recibir os servizos de R

COMUNICACIÓNS

O Concello de Carballo xa pode recibir os servizos de R

Venres 20 de outubro do 2006

Carballo xa forma parte do grupo de cidades e municipios galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que a compañía R está a despregar en toda a comunidade autónoma e que arestora lles permite a preto de 2.100 fogares e locais empresariais da localidade recibir os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión temática multicanle. O obxectivo, a medio prazo, é que un total de case 13.000 fogares e empresas de Carballo poidan gozar de todos eles.

Carballo acollerá unha nova edición das Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral

CONVOCATORIA

Carballo acollerá unha nova edición das Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral

Xoves 19 de outubro do 2006

O Centro Municipal de Formación do Concello de Carballo organiza, do 25 ao 31 de outubro, unhas Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral, dirixidas ao personal docente e ao alumnado do Centro Municipal de Formación e da Escola Obradoiro de Carballo. As xornadas, que terán lugar no propio Centro Municipal de Formación e no Pazo da Cultura, teñen como obxectivo no só mellorar a cualificación profesional e técnica do alumnado a través da participación do tecido empresarial, senón tamén mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas, dándollle a coñecer as novidades técnicas en cada especialidade e as diferentes modalidades e políticas de acceso ao emprego.

O Concello iniciará en breve as obras complementarias á Fase I da Escola Taller

OBRAS

O Concello iniciará en breve as obras complementarias á Fase I da Escola Taller

Xoves 19 de outubro do 2006

O Concello de Carballo asina este venres, 20 de outubro, o contrato para a realización das obras complementarias á Fase I da Escola Taller. Os traballos consisten en completar o acceso á Nave 2, executando o pavillón que constitúe o cortaventos de entrada e urbanizar o ámbito de acceso á Nave 2, con execución da pavimentación e elementos auxiliares necesarios. O orzamento total da actuación ascende a 74.530,72 euros.

Compartir: