Inicio Carballo ao día Novas O volei regresa á praia de Razo cun...

O volei regresa á praia de Razo cun completo programa de promoción do deporte que se estenderá ao longo do verán

Xa podes participar nas actividades que organiza a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte coa colaboración do Concello

Sábado 2 de xullo do 2022 Deporte

O volei volve estar presente este verán na praia de Razo cun completo programa organizado pola a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte, en colaboración co Concello de Carballo. Hoxe presentamos a actividade coa participación do presidente da entidade organizadora, Rosalino Mariño, que estivo acompañado por varios monitores; o alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Deporte e Praias, Marcos Trigo e Miguel Vales.

As redes están instaladas na zona da explanada, nunha superficie aproximada de 750 metros cadrados para fomentar a convivencia entre esta e o resto das actividades que desenvolven no areal. Dende o Concello de Carballo consideramos a práctica do volei praia dobremente interesante, xa que, por unha banda, achega un valor engadido á oferta de servizos que se prestan nas praias, e, por outra, reforza a nosa aposta polo deporte como parte dunha vida saudable.

As pistas estarán dispoñibles para o público de luns a venres, 16.00 a 20.00 horas, ata o 31 de agosto, e ademais volven as escolas de volei para todas as idades, de 17.00 a 18.00 horas. E, ademais, os días 23 e 24 de xullo disputarase unha nova edición, a número 14, do Torneo Foliada, onde, ademais do campionato, haberá música, xogos e sorpresas.

Nos últimos anos, a media de persoas que utilizan as pistas de volei cada verán sitúase nas 2.000








Esta iniciativa ten unha excelente acollida, como reflicten os datos de participación. Nos últimos anos, a media de persoas que utilizan as pistas de volei cada verán sitúase nas 2.000.

Toda a info e inscricións, en www.facebook.com/volei.razo e no teléfono 606 400 858.

Compartir: