Inicio Carballo ao día Avisos Xornada de formación e información...

Xornada de formación e información sobre a píllara das dunas

Xoves 30 de xuño do 2022

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carballo aposta pola formación e a información para seguir avanzando na protección dunha especie tan sensible como a píllara das dunas, unha ave protexida que aniña nos nosos areais. Con ese obxectivo, para este venres 1 de xullo están programadas dúas accións:

  • Por unha banda, para as 10.00 horas está convocado na base de Protección Civil o persoal dos servizos de salvamento e socorrismo, limpeza de praias, Protección Civil e medio ambiente do Concello de Carballo, que asistirá a unha charla impartida por un técnico do Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente.
  • Por outro lado, a partir das 11.00 horas procederase á colocación de dous grandes paneis, un en Razo e outro en Baldaio, destinados a informar e sensibilizar a toda a poboación sobre o dano que provoca á píllara a presenza de mascotas nos areais. 

Compartir: