O alumnado do Conservatorio Profesional de Música pode participar por segundo ano no Concurso de Solistas
O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 28 deste mes
Martes 7 de xaneiro do 2020 Educación Conservatorio
O Conservatorio Profesional de Música de Carballo convocou por segundo ano consecutivo un Concurso de Solistas para ofrecer ao alumnado a posibilidade de interpretar unha obra de concerto como solista no Auditorio do Pazo da Cultura.
O certame vai dirixido a estudantes tanto do grao elemental como do profesional, que, previa autorización do titor, deberán formalizar a inscrición entre os días 11 e 28 deste mes de xaneiro. Quedan excluídos/as os/as gañadores/as da edición anterior.
O Concurso de Solistas constará de dúas fases: na primeira, que se celebrará na aula, cada titor/a fará unha selección interna do alumnado. Na segunda, os alumnos e as alumnas seleccionados/as concorrerán a unha proba que se celebrará o 25 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura e na que terán que interpretar unha obra con ou sen acompañamento de piano. Concederanse tres premios en grao elemental e outros tres en grao profesional. Os/as gañadores/as do primeiro premio recibirán un cheque-regalo e diploma, e actuarán como solistas, acompañados pola banda ou a orquestra do CMUS, o curso que vén.
As bases completas, no documento anexo.