Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a elaboración dunha...

Proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de profesor/a de percusión no CMUS

Publicación das bases reguladoras da convocatoria pública e do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de persoal laboral temporal a tempo parcial para a cobertura temporal de prazas de profesor/a de percusión no Conservatorio Profesional de Música (CMUS Carballo).

O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP). Publicación Convocatoria. BOP núm. 246 de 23/12/2024. Polo tanto, o prazo de presentación de instancias é desde o DÍA 24/12/2024 ata o DÍA 31/12/2024, ambos incluídos.

7 de xaneiro de 2025

Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de persoal laboral temporal a tempo parcial para a cobertura temporal de prazas de profesor/a de Percusión para o Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo.

Convócase a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos da fase de concurso que terá lugar o xoves 9 de xaneiro do 2025 ás 9.30 horas na sala de suntas sita na planta 2ª da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convócase aos aspirantes para a realización dos exercicios prácticos da fase de oposición o xoves 9 de xaneiro do 2025 ás 11.30 horas no Pazo da Cultura do Concello de Carballo (Rúa do Pan, s/n, Carballo).

Convócase aos aspirantes que teñan que realizar a proba de coñecemento da lingua galega o xoves 9 de xaneiro do 2025 ás 14.00 horas no Pazo da Cultura do Concello de Carballo (Rúa do Pan, s/n, Carballo).

Descargas

Compartir: