Proceso de selección de funcionario/a interino/a do posto de técnico de administración xeral e creación dunha bolsa de coberturas temporais do grupo A
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou con data 11 de agosto de 2022 as bases específicas e a convocatoria para a selección dun/ha funcionario/a interino/a do posto de técnico de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, e a creación dunha bolsa de coberturas temporais do grupo A.
O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, do 12 ao 19 de agosto, ámbolos dous incluídos.
O 29 de agosto publícase a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, así como o nomeamento do tribunal cualificador para a selección, mediante o sistema de concurso-oposición, dun/ha funcionario/a interino/a do posto de técnico de Administración Xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, e a creación dunha bolsa de coberturas temporais do grupo A. Así mesmo, ábrese un prazo de subsanación de 3 días hábiles.
O 14 de setembro faise pública a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as. A valoración de méritos realizarase o 16 de setembro e o primeiro exercicio será o día 19 ás 12:00h. no salón de plenos da casa do concello.
O 16 de setembro realízase a valoración de méritos, coas puntuacións que figuran no documento anexo correspondente.
O 20 de setembro publícanse os resultados do primeiro exercicio, xunto co cadro de respostas correctas. O segundo exercicio da fase de oposición realizarase o vindeiro luns, día 26/09/2022, ás 10:00 horas, no salón de plenos da casa do concello, quedando, pois, convocados/as os/as aspirantes que teñen superado o primeiro exercicio.
O 27 de setembro publícanse os resultados provisionais da fase de oposición.