Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O pregón de Álex Ávila ateigou a planta alta do Mercado Municipal

Escoita a súa intervención no vídeo que acompaña esta nova

Mércores 22 de xuño do 2022

O pregón do San Xoán tivo que celebrarse a cuberto porque a chuvia quixo acompañarnos no inicio das nosas festas, pero o mal tempo non impediu que máis de medio milleiro de carballeses e carballesas ateigasen a planta alta do Mercado Municipal.

A música de Big Band do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo, dirixida por Javier Bardanca, abriu unha tarde moi emotiva. A propia música e as voces dos cantantes soaron coma nunca, e a Big Band conseguiu poñer ao público en pé.

Tras a interpretación musical chegou a quenda do pregoeiro, Álex Ávila, presentado polo presidente da comisión de festas, Sergio Varela, que destacou os valores profesional, cultural e humano do actual director do Hospital Materno Infantil da Coruña. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que previamente ofrecera unha recepción na Alcaldía ao pregoeiro, puxo o broche do acto, que podedes ver e escoitar de forma case íntegra no vídeo. Evencio Ferrero, como xa é tradición, agasallou ao pregoeiro cunha figura do Carballo de Sargadelos, e, no nome da comisión de festas, Sergio Varela fíxolle entrega dunha caricatura realizada por Mon Lendoiro.

Vídeos

Compartir: