Enterro da Sardiña

Martes 4 de marzo do 2025 19.00 horas - Saída da Praza do Concello

Enterro da Sardiña 2024

A partir das 19.00 horas Carballo celebra o Enterro da Sardiña. Contará coa colaboración da Aula de Teatro Municipal de Carballo que dirixe Galeatro. A comitiva do cortexo fúnebre sairá da Praza do Concello e continuará ata o Parque do Anllóns, onde a sardiña acaba no río.

A compañía Galeatro nace no ano 2015 en Carballo e está especializada en público familiar.  No eido da formación, ademais de en Carballo, están presentes en escolas de teatro de Bergondo, Malpica, Oleiros, Oroso, Sada e Ordes, con máis de 200 alumnos e alumnas.

  • Colaboran na cita os servizos municipais de Policía Local e Protección Civil, así como a Agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Carballo.

Descargas

Compartir: