Inicio Áreas Cultura Axenda Concurso e desfile de disfraces,...

Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas de Entroido

Domingo 2 de marzo do 2025 18.00 horas - Praza do Concello

Concurso Entroido 2024

A Praza do Concello de Carballo acolle o Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas que reparte máis de 10.000 euros. Presentado pola actriz Isabel Risco, comeza ás 18.00 horas e durante o baile posterior, ás 20.30 horas co Grupo La Bamba, farase a entrega dos premios.

Dos dez mil euros que repartirá o concurso, máis de 4.500 están destinados a gratificacións para premiar a participación na actividade. Os importes ascenden a 125€ para as comparsas infantís e a 125€ para as comparsas de adultos de menos de 25 membros, a 200€ para as de máis de 25 membros, e os xa mencionados 300€ para as carrozas. Concederanse un máximo de 20 gratificacións para os 20 primeiros inscritos. Ademais, está previsto repartir ata 17 premios e ata 1.000 euros en accésits.

  • Inscrición para o concurso de comparsas e carrozas ata o 26 de febreiro
  • Inscrición para o resto de categorías ata o 2 de marzo
  • +info coas bases e os impresos de inscrición aquí: 
Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido que reparte máis de 10.000 euros en premios

Descargas

Compartir: