Presentación do libro "A que altura está o ceo?" nun vermú científico con Jorge Mira
Sábado 23 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 12.30 h. Lingua
Jorge Mira
A Praza dos Libros acolle unha conversa co científico Jorge Mira, que tamén presenta o seu libro A que altura está o ceo? (Ed. Alvarellos). O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza neste libro unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia? Cal é a idade do universo? O volume está escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.
Presentación a partir das 12.30 horas.