Inicio Carballo ao día Axenda Presentación de "A carón do...

Presentación de "A carón do lume", con Mónica Prego e Xavier Alcalá

Venres 29 de novembro do 2024 20.00 horas - Museo de Bergantiños Lingua

O venres 29 de novembro, teremos con nós á ordense Mónica Prego presentando o seu novo libro de cociña A carón do lume, e terá como presentador a un convidado de excepción: o senlleiro escritor Xavier Alcalá.

A carón do lume ofrece un monllo de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas. Esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas.

Este é un regalo de Mónica Prego (Pandebroa.es) para fillos e netos, para que no futuro poidan coñecer e entender algo máis daquel xeito de vida.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31