Verónica Ramilo expón o seu traballo sobre as mártires de Sofán
Sábado 11 de febreiro do 2023 Inauguración ás 20.30 horas - Estudo Garabato Cultura
O Estudo Garabato inaugura a exposición As mártires de Sofán, de Verónica Ramilo. A mostra é un complemento do mural realizado no centro social de Sofán, que foi o traballo final de estudos de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía de Verónica Ramilo, que obtivo por esta proposta o premio en galego aos proxectos finais 2021-2022, da EASD Pablo Picasso.
A través de diferentes collages realizados a partir da reutilización das probas de impresión do mural e inspirados na propia temática das mártires de Sofán, a autora quere recordar unha das revoltas populares da Galiza rural de principios do século XX. Na exposición tamén se poderá ver unha réplica do mural.