Inicio Carballo ao día Axenda Galeatro presenta "Arte sen...

Galeatro presenta "Arte sen guión"

Venres 10 de febreiro do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A derradeira banda de comedia da Idade Media presenta ante o público un espectáculo como os da súa época... pero, con tanta festa e tanta viaxe no tempo, esqueceron os seus diálogos. Tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século.

Arte sen guión é o primeiro espectáculo para público adulto da compañía carballesa Galeatro en coprodución co Centro Dramático Galego.

Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez, Miguel Canalejo, Nacho Martín e Cris Iglesias
Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli
Espazo sonoro: Nacho Martín
Dirección e dramaturxia: Miguel Canalejo
Duración: 70 min
Público: adulto Prezo da entrada: 4 € / 3 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D