A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita Carballo nunha campaña de doazón
Do xoves 5 de maio ata o venres 6 de maio do 2016 Praza do Concello - De 10 a 14 e de 16 a 21 h.

O Concello de Carballo informa de que unha Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita o municipio nunha campaña de doazón. Está previsto que o autobús estea estacionado na Praza do Concello o xoves 5 e o venres 6 de maio en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.
O Concello anima a todos os veciños e veciñas a que participen nesta campaña, xa que o xesto solidario dos cidadáns permitirá acadar o obxectivo de conseguir 500 doazóns de sangue ao día en Galicia.