Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

As xentes

Asociación Cultural Coro Vagalume

Esta asociación foi creada en 2005 co propósito de xestionar e coordinar os diferentes grupos que a integran, aínda que na realidade conta con máis de doce anos de historia. Estes son os anos que leva en funcionamento o Coro Vagalume, eixo desta asociación. Na actualidade conta con máis de 150 socios.

Co tempo, a asociación foi incrementando as súas actividades. Da preparación de varias obras de teatro cos membros do Coro rematou nacendo o Grupo de Teatro Vagalume Animación. Máis recentemente foi creada tamén a Orquestra Ilusión.

Todas as actividades realizadas ao longo do ano -actuacións, festas, excursións- van encamiñadas á formación e promoción destes tres grupos.


As xentes


Asociación Cultural Coro Vagalume

Avenida do Ambulatorio, nº 4, 2º
15100, Carballo

Tel. 645 930 038

Web

e-mail

Presidenta: Mónica Liñares García
Secretario: Javier Fraga Pose


© Concello de Carballo, 2009