Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños-Casino
A Sociedade (tamén coñecida como Casino de Carballo) foi fundada o 26 de novembro de 1924 polo médico carballés don Manuel Regueiro Vázquez, sendo o seu primeiro presidente don Luciano Regueiro Pumpido.
A súa finalidade, entre outras, é a promoción da cultura por medio de conferencias, charlas, exposicións, excursións culturais e outros.
Tamén organiza os bailes de Fin de ano e Entroido, magostos, concertos con masas corais e bailes rexionais, etc. Na actualidade conta con preto de 200 socios e socias.
As xentes