Asociación Xuvenil Proxectando
A Asociación Xuvenil Proxectando está formada por un grupo dinámico de mozos e mozas que procura darlle voz á mocidade carballesa para que decida por si mesma. A asociación busca a participación e incidencia da xuventude na sociedade, orientándose ás súas necesidades e inquietudes. Proxectando organiza actividades de ocio e formación orientadas mozos e mozas entre 14 e 30 anos, e tamén colabora con outras entidades no desenvolvemento de proxectos europeos.
Os seus obxectivos son:
- Fomentar a participación da xuventude local na súa comunidade
- Coñener as necesidades desta mocidade local
- Buscar recursos, desenvolver medidas e/ou proxectos para atender ás necesidades dos mozos e mozas da zona
- Desenvolver proxectos no ámbito da partipación europea, como intercambios, bolsas no estranxeiro, etc.
- Realizar actividades (culturais, deportivas, lúdicas, formaticas, etc) de interese para a mocidade.
As xentes