A Unión Democrática de Pensionistas de Sofán nace no ano 1998 co obxecto de desenvolver actividades culturais e de lecer dirixidas ao colectivo de pensionistas e xubilados. Entre as súas iniciativas destacan os viaxes sociais, os obradoiros, as conferencias e coloquios e a celebración dunha Semana Cultural. Na actualidade conta con máis de 750 socios e socias.