Coral Polifónica de Bergantiños
A Coral Polifónica de Bergantiños nace en Carballo no ano 1969, ao amparo do antigo 'teleclub'. Nos seus inicios foi un conxunto folk baixo a dirección do cura de Carballo don Jaime Rodríguez Varcárcel.
Pouco tempo despois, baixo a dirección de don Manuel Rodríguez Rodríguez, a agrupación céntrase exclusivamente na polifonía. Pasaría entón a ser unicamente unna coral, a Polifónica de Bergantiños.
En 1985 asume a dirección don Eusebio Calvelo Sánchez. Dende o ano 92 ata a actualidade a coral está dirixida por dona Gloria de los Ángeles Pardines Rojo.
Ao longo da súa historia a coral ten actuado en numerosas vilas galegas, así como fóra da Comunidade e mesmo no estranxeiro.
Dende 1974 a entidade celebra, cada mes de novembro, recitais de música na honra de Santa Cecilia. Ademais, nos últimos anos vén organizando unha Mostra de Habaneras incluída no programa de actos das festas patronais de San Xoán que xa vai pola edición número trece, así como concertos de música litúrxica en Semana Santa.
As xentes