Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

As xentes

Aspaber

Aspaber é unha Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade que atende a comarca de Bergantiños, aínda que tamén acolle usuarios dos concellos de Cerceda, Arteixo, Zas, Tordoia, Santa Comba ou incluso A Coruña. Naceu sen ánimo de lucro no ano 1976 como resposta a un grupo de pais que observaban un futuro incerto, sen centros nin servizos para atender aos seus fillos e fillas. Hoxe en día conta con 20 empregados e 15 voluntarios, e as condicións de admisión consisten en ser maior de 18 anos e ter unha minusvalía recoñecida superior ao 33 por cento.

Aspaber conta cun Centro Ocupacional, un Centro de Día, un Centro Especial de Emprego, unha Residencia e un Club de Lecer e Tempo Libre. Ten servizos de transporte psiquiatría, comedor, fisioterapia e logopedia, e pon en marcha programas de apoio ás familias e de respiro familiar, entre outros.


As xentes


Aspaber

Tel. 981 702 606

Fax 981 755 888

Web

Directora: Dolores Fernández García


© Concello de Carballo, 2009