Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

As xentes

Agrupación Cultural Arume

Creada en Berdillo en 1982, desenvolve actividades culturais como o baile e a música tradicional. Neste eido, conta con grupos de baile, cantareiras e gaiteiros cos que realiza diversas actuacións. Ten como obxectivo contribuír á promoción e difusión da animación socio cultural, salvagardar o patrimonio tradicional galego e favorecer a cooperación entre distintas entidades culturais.

Entre a programación da entidade figuran ademais os bailes de salón, obradoiros -encaixe, bordado, teatro, etc.- e eventos puntuais como a Cabalgata de Reis ou o Albaroque.

A agrupación dispón dunha aula de informática na que imparte diversos cursos relacionados coas novas tecnoloxías.


As xentes


Agrupación Cultural Arume

A Garrida, nº 19, Berdillo
15108, Carballo

e-mail

Presidente: Jesús Cobas Vázquez


© Concello de Carballo, 2009