Asociación Artística Cultural Acrílica
Esta agrupación pretende proporcionar servizos de asistencia e ensino nas artes plásticas, integrando a arte nos colectivos da terceira idade, mulleres, mocidade e persoas en risco de exclusión social ou discapacidade. Tamén realiza intercambios de cooperación con socios doutros países irmandados pola lingua e a cultura. Entre as actividades que desenvolve, dende a súa creación en agosto de 2006, están:
- Exposicións de mostras de arte conxuntas.
- Realización de páxinas webs personalizadas.
- Ensino de deseño gráfico, arte dixital ou ensino artístico en 3D.
- Ensino de debuxo e pintura co óleo, acuarela e acrílicos.
- Ensino de paxinado web.
- Obradoiros de abelorios e pictopedras.
- Xornadas de pintura ao aire libre.
- Rutas culturais pola arte galega.
- Conferencias artísticas.
- Xornadas micolóxicas e de herbas medidinais ou Xornadas fotográficas.
- Viaxes culturais pola herdanza galega.
- Celebración do Día do Gravado na Escola.
As xentes