Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria para a realización de viaxes escolares de carácter cultural durante o ano 2013. Con estas axudas o Concello de Carballo pretende colaborar cos centros educativos na realización de actividades de carácter formativo fóra do medio propiamente escolar, complementando as actividades académicas e ofrecéndolle aos alumnos/as a posibilidade de coñecer novos lugares e recursos.
Os interesados e interesadas poden consultar as bases ao completo en pdf nesta mesma convocatoria, así como descargar o impreso de solicitude, tamén en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria do municipio de Carballo, que deberán cumprir os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estritamente de lucro.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Prazo: As entidades que soliciten algunha subvención deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o sábado 25 de maio.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A subvención correspondente a cada escola, colexio ou instituto determinarase en función do número de alumnos/as do centro de acordo cos seguintes criterios:
- Centros de menos de 50 alumnos, 120 €
- Centros entre 51 e 124 alumnos, 300 €
- Centros entre 125 e 400 alumnos, 475 €
- Centros entre 400 e 500 alumnos, 570 €
- Centros de máis de 500 alumnos, 660 €
- Cando un centro imparta clases a diferentes unidades en máis dun edificio separados en máis de 500 m, concederanse un mínimo de 120 € por cada edificio.
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado polo centro educativo deberá ser superior ao importe da subvención.
Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións ou colectivos que organizan Cabalgatas de Reis ou outras actividades de animación infantil que festexan o Nadal promovendo a realización de ditos actos no municipio de Carballo. Con estas axudas, o Concello de Carballo pretende promover a organización e realización de actividades culturais de animación infantil en períodos festivos como o Nadal e contribuir ao mantemento de tradicións tan populares como as Cabalgatas de Reis.
Os interesados e interesadas poden consultar as bases ao completo en pdf nesta mesma convocatoria, así como descargar o impreso de solicitude, tamén en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as entidades de carácter cultural xuridicamente constituídas que estén rexistradas no Concello de Carballo ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas ou colectivos constituídos coa finalidade de levar a cabo o obxecto desta convocatoria, sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estritamente de lucro.
- O ámbito de actuación sexa o termo municipal de Carballo.
- Teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais regularmente non mesmo.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
- No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas ou colectivos constituídos coa finalidade de levar a cabo o obxecto desta convocatoria deberán facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
Prazo: As entidades que soliciten algunha subvención deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o sábado 25 de maio.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. Cada asociación ou colectivo poderá presentar só unha solicitude de subvención a esta convocatoria ben para a realización da Cabalgata de Reis ben para a celebración de actos de animación infantil
Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións de pais e nais das escolas, colexios e/ou institutos de Carballo para a realización do programa de actividades educativas do ano 2013. Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende colaborar coas asociacións de pais e nais que representan os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa que complementan as actividades académicas e realizan unha importante labor de dinamización cultural dos centros educativos de Carballo, promovendo a organización e realización de actividades de carácter educativo por parte destas entidades.
Os interesados e interesadas poden consultar as bases ao completo en pdf nesta mesma convocatoria, así como descargar o impreso de solicitude, tamén en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as asociacións de pais e nais das escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria de Carballo, xuridicamente constituídas, rexistradas no Concello de Carballo, sempre que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estritamente de lucro.
- O ámbito de actuación sexa o termo municipal de Carballo.
- Teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais no mesmo.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Prazo: As entidades que soliciten algunha subvención deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o sábado 25 de maio.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. O importe das axudas establecerase segundo o número de alumnos do centro educativo ó que pertenza a ANPA:
- Centros de menos de 50 alumnos.................... 300€
- Centros de máis de 50 alumnos..................... 700€
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado pola ANPA deberá ser superior ao importe da subvención.
© Concello de Carballo, 2009