A Concellaría de Cultura do Concello de Carballo fomenta ao longo de todo o ano diversas actividades orientadas a todos os públicos. Figuran entre elas a música, o teatro, a animación infantil, exposicións, visitas, conferencias, as sesións de contacontos ou a proxección de filmes, entre outras.
Esta programación cultural estrutúrase arredor de programas que están asociados, na súa maioría, a épocas concretas do ano. Máis abaixo, poden consultarse os principais programas que se desenvolven en Carballo con carácter anual.
Enquisa sobre hábitos e intereses culturais
O Concello de Carballo propón a realización dunha breve enquisa elaborada pola Concellaría de Cultura. Para recibir información da programación cultural do Concello non é imprescindible respostala, pero pregamos aos veciños/as que a cubran, xa que pode axudar a mellorar os servizos prestados. Os interesados e interesadas en obter máis información sobre a enquisa e sobre cómo facela chegar aos servizos de Cultura, poden facelo descargando os documentos situados no apartado "Ligazóns relacionadas" desta mesma sección.
Ligazóns relacionadas