Patrimonio histórico

Carballo conta cun interesante e variado patrimonio artístico. Nel está presente a pegada de diversos períodos históricos, como o megalítico. Desta etapa consérvanse no municipio numerosos exemplos, como o dolmen de Pedra Moura, situado en Aldemunde.

A cultura castrexa deixou, cando menos, un castro en cada unha das parroquias do Concello. Sobresae polas súas privilexiadas vistas o de Castrillón, en Lema. Posteriormente o recinto sería cristianizado coa construción da capela de Santa Irene.

As pegadas da arte románica están presentes no presbiterio da igrexa de Santa Irene, as ménsulas da sancristía de Noicela ou as columnas da capela maior de Sísamo. O gótico apréciase aínda na bóveda da ermida de San Paio -Entrecruces-.

Entre os vestixios da Idade Moderna paga a pena visitar a ponte Lubiáns. Construída no século XVII, ocupa o lugar da que en tempos dos romanos fora paso obrigado entre Brigantia e Fisterra.

Buscador:


A ponte de Lubiáns, de orixe romana

© Concello de Carballo, 2009