Festas e gastronomía

Todas as parroquias do Concello celebran as súas festas patronais durante os meses do verán. Neste período a vida do municipio vese animada por máis de 35 celebracións e romarías.

Con todo, sobresae entre todas elas a do San Xoán, patrón do Concello. Os festexos, que teñen lugar na vila de Carballo, prolónganse durante varios días na semana do 24 de xuño.

Un dos aspectos máis interesantes de Carballo é a súa oferta gastronómica. De especial sona son os cereais producidos no municipio e o pan de Carballo.

Xa no século XVI se dicía que todos os veciños do Concello labraban o pan. No século XVIII eran importantes as feiras de Santa María de Rus, Berdillo e San Xurxo de Artes, pola comercialización do pan cocido.

Segundo a receita tradicional do pan de Carballo o trigo debe de ser transformado nos muíños da Cheda, da Ponte Rosende ou do Quinto. A fariña resultante mesturarase coa auga do Anllóns para formar unha masa que cómpre cocer nun antigo forno de pedra.

Ademais do pan de trigo, de millo, mesto ou de centeo, esta longa tradición deixounos outros saborosos testemuños, como as empanadas, as roscas de pan de ovo ou o biscoitos. Acompañados dunha boa onza de chocolate de Mariño constitúen un pracer inesquecible para os padais máis esixentes.

Doutra banda, quen visite Carballo non debe marchar sen degustar un bo prato de peixe ou marisco. Os mercados da Vila ofrecen os mellores e máis frescos produtos do mar, traídos diariamente das lonxas de Malpica, Laxe, Camariñas, Caión, ou dende o pequeno porto carballés de Razo. Neles tamén é posible adquirir unha grande variedade de produtos hortofrutícolas, coma os de Baldaio, recoñecidos pola súa calidade e sabor.

No noso municipio existen numerosos establecementos adicados ao sector da restauración. A maioría deles están especializados nalgún dos moitos pratos típicos da zona, conformando unha ampla e variada oferta.

Festas do municipio de Carballo


CARBALLO (Núcleo urbano)


San Xoán
Do 22 ao 28 de xuño

A Brea (Festa do Pan)
12 de xullo

San Cristovo
1 e 2 de agosto

Milagrosa
4, 5 e 6 de setembro

Pilarica
12 de outubro

ALDEMUNDE


San Antonio
17 de xaneiro

Santa María Magdalena
22 de xullo

Os Remedios e Vilamaior
19 e 20 de setembro

Stmo. Sacramento e San Antonio
7 e 8 de xuño

Nosa Señora
15 de agosto

ARDAÑA


Remedios e Vilamaior
26 e 27 de setembro

ARTES


San Antonio de Vilardefrancos
13 de xuño

San Xurxo
23 de abril

Perpetuo Socorro
1 e 2 de agosto

Os Milagros
8 de setembro

BÉRTOA


Nosa Señora
15, 16 e 17 de agosto

Santa Eufemia
16 e 21 de setembro

CANCES


San Pedro
27 e 28 de xuño

San Campio
2, 3 e 4 de outubro

ENTRECRUCES


San Paio
15 de xaneiro

San Pedro en San Paio de Entrecruces
28 de xuño

Corpus Christi
25 de maio

Nosa Señora do Carme
16 de xullo

San Xinés (baixa)
25, 26 e 27 de agosto

GOIÁNS


San Paio
15 de xaneiro

San Estevo
26 de decembro

San Ramón (Xoane)
29 e 30 de agosto

San Ramón (Goiáns)
5 e 6 de setembro

LEMA


San Cristovo e Sacramento
10 e 11 de xullo

O Carmen
18 de xullo

Mexillonada
15 de agosto

Santa Irene
19 e 20 de setembro

NOICELA


Romaría Galega en Imende
4 xullo

Festa do Berberecho en Imende
23 de agosto

Santa María
6 e 7 de decembro

Stmo. Sacramento
13 e 14 de xuño

Inmaculada Concepción
6, 7 e 8 de decembro

OZA


O Carme e Stmo. Sacramento
18 e 19 de xullo

San Antonio
13 de xuño

San Brais, San Roque e Prto. Socorro
Do 11 ao 13 de setembro

San Verísimo
1 de outubro

RAZO


San Xoán
24 de xuño

San Hadrián
21 de xuño

San Antonio
1 de agosto

San Martiño
8 de novembro

REBORDELOS


Candelaria e San Blas
1 de febreiro

Neno Xesus
2 de agosto

San Salvador
7, 8 e 9 de agosto

RUS


Santísimo Sacramento
25 de maio

San Pedro de Ferrol
29 e 30 de xuño

Os Milagros en San Sadurniño
8 e 9 de setembro

Santa Maria
15, 16 e 17 de agosto

Santa Eufemia e San Mateo
19 e 20 de setembro

SÍSAMO


Santiago Apóstolo
25, 26 e 27 de xullo

O Carmen
19 de xullo

Virxe da Presentación
19 de novembro

Santa Bárbara
3 de decembro

SOFÁN


San Salvador
6, 7 e 8 de agosto

Festa do Tarambollo
9 de agosto

San Antonio en Prearada
10 de agosto

San Adrian da Piña
16 de xuño

Nosa Señora do Carme da Piña
16 de xullo

O Rosario
5 de outubro

VERDILLO


O Socorro
22 e 23 de maio

San Lourenzo
10, 11 e 12 de agosto

As Dolores
19 de setembro

VILELA


San Miguel
26 e 27 de setembro

Buscador:


O famoso pan de Carballo

© Concello de Carballo, 2009