Carballo, a capital da comarca de Bergantiños, está a consolidarse nos últimos anos como destino do chamado turismo de congresos. O atractivo do municipio, punto de encontro entre A Coruña e Compostela, únese a unhas modernas
infraestruturas de comunicación e a equipamentos culturais de vangarda, como o Pazo da Cultura. Carballo pon á disposición dos visitantes un abano de instalacións para congresos con
capacidade para 350 persoas.
A historia, a natureza e o patrimonio de Carballo artístico propician o desenvolvemento de múltiples actividades de
lecer, entre as que cómpre salientar o golf, as rotas de camiñadas e en 4x4 ou o mergullo. Doutra banda, os establecementos hostaleiros do municipio ofrecen a posibilidade de degustar os peixes e mariscos recén saídos do mar.
Os visitantes teñen á súa disposición un amplo abano de establecementos hostaleiros adaptados ás súas preferencias e necesidades. Hoteis, aloxamentos de turismo rural e mesmo un balneario no que é posible gozar de diversos tratamentos termais.
O Pazo da Cultura
O Pazo da Cultura sitúase xunto a unha das maiores zonas verdes do núcleo de Carballo, o Parque do Anllóns. O recinto foi construído no
ano 2002 baixo proxecto do arquitecto Luís Collarte Rodríguez. Moderno e funcional, o Pazo da Cultura conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos.
Rúa do Pan, s/n, 15.100
Carballo - A Coruña
Teléfono 981 704 300
Fax 981 704 302
cultura@carballo.org
Características
- Auditorio - anfiteatro de 350 prazas
- Sala con capacidade para 150 persoas
- Sala de exposicións
- Sala de lectura
- Sala de TV
- Cafetaría con prato do día
Aloxamento
As persoas ou colectivos interesados en elixir Carballo como destino de turismo de congresos poden beneficiarse dos
convenios subscritos neste eido entre o Concello e os establecementos hostaleiros da zona.
Actividades paralelas
O Concello ponse á disposición dos grupos de visitantes para a organización de actividades paralelas de lecer. Itinerarios turísticos, visitas guiadas ou ceas para grupos constitúen unha inmellorable opción para combinar traballo e tempo libre.