Estas son algunhas das nosas propostas para gozar activamente dunha visita ao concello de Carballo:
Surf: en mar aberto na praia de Razo.
Windsurf: praias de Razo e Pedra do Sal.
Parapente: Monte Neme.
Rutas a cabalo: diferentes rutas.
Sendeirismo: diferentes rutas.
Pesca: fluvial e marítima.
Mergullo: Razo-Baldaio.
Golf (Pitch & Putt): San Miguel de Vilela, preto de Razo-Baldaio.
Rutas 4x4: as rutas en todoterreo ofrecen a oportunidade de descubrir a incrible riqueza paisaxística do concello de Carballo.
Tamén recomendamos:
Observación de aves: zona situada entre a marisma e a lagoa do espazo natural de Razo-Baldaio.
Praias: máis de 6 qm. de marabillosas praias.
Festas: sobresae entre todas elas a do San Xoán, patrón do concello. Os festexos, que teñen lugar na vila de Carballo, prolónganse durante varios días na semana do 24 de xuño.
Gastronomía: de especial sona é o pan de Carballo; pero o visitante non debe marchar sen degustar un bo prato de peixe ou marisco, acompañado polos excepcionais produtos hortofrutícolas da zona.
Feiras e mercados tradicionais: os mercadiños e feiras tradicionais son os xoves (Praza do Concello) e o 2º, 4º e 5º domingo de cada mes. Os quintos domingos de mes celébranse os Feiróns, cun programa especial de actividades.
A noite en Carballo: Carballo constitúe un referente na Costa da Morte en oferta de concertos, actuacións e outro tipo de espectáculos.
Programas culturais: actividades orientadas a todos os públicos. Figuran entre elas a música, o teatro, a animación infantil, exposicións, visitas e conferencias, entre outras.
Congresos en Carballo: o Pazo da Cultura conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos.