Poboación e territorio

Cunha superficie de 187 km cadrados Carballo é un dos municipios de maior tamaño da provincia da Coruña, ademais dun dos máis poboados. Os seus 31.000 habitantes agrúpanse en 314 entidades de poboación e 18 parroquias. O 60% dos habitantes do Concello concéntranse no seu núcleo urbano, a carón do río Anllóns.

O termo municipal de Carballo sitúase entre os primeiros cumios das serras de Soneira e Montemaior. Limita ao sur con Val do Dubra, que separa ambas as dúas formacións montañosas.

Entre os accidentes xeográficos de Carballo cómpre salientar, ao sur, o monte da Peniqueira e do Castro -cuns 350 metros-, Monte Calvelo -con 389 metros- e Monte Alto -con 483 metros-. De sueste a oeste atravesa o municipio o val do Anllóns. Na canle dun dos seus afluíntes, o río Taboada, fórmase a fermosa fervenza de Entrecruces.

Ao norte, xa próximos á costa, están os montes de Lendo, Oza e Monte Neme, de 386 metros. Especialmente salientable pola súa importancia ecolóxica e paisaxística é a franxa costeira de Razo - Baldaio. Intégrana unha serie de marismas, unha lagoa e longos areais litorais.

Mapa do Concello de Carballo

Documentos descargables

Buscador:


© Concello de Carballo, 2009