Actualidade

O IES PARGA PONDAL E O COLEXIO ARTAI COPARON O MEDALLEIRO

Seis centros de ensino de Carballo e o novo Club de Atletismo da vila participaron na Carreira da fase local de Campo a través

Seis centros de ensino de Carballo e o novo Club de Atletismo da vila participaron na Carreira da fase local de Campo a través

17/01/2014 Un total de 587 nenos e nenas dos centros de ensino de Carballo, algúns deles pertencentes ao Club Atletismo Carballo, participaron hoxe, venres 17 de xaneiro, na fase local da Carreira de Campo a Través que organizan a Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo e o Concello de Carballo. Os dous centros que coparon os primeiros postos no podio foron o IES Parga Pondal e o Colexio Artai, con sete e seis metais, respectivamente, seguidos do CEIP A Cristina, o CEIP Bergantiños, Atletismo Carballo, o CEIP Nétoma Razo e por último o CEIP Xesús San Luís Romero. Tamén hai que mencionar que os centros que remataron primeiros na clasificación tamén foron quen presentaron un maior número de corredores, con 218 do Parga Pondal e 140 do Artai. Por parte do CEIP Bergantiños participaron 72 nenos e nenas; 69 por parte do CEIP A Cristina; 67 do Nétoma-Razo e 21 do Xesús San Luís Romero. As categorías da proba foron benxamín, infantil, alevín e cadete e as probas fóronse celebrando sen incidentes a partir das 10.15 horas, cos escolares desafiando os pequenos chuvascos e comezando polos cadetes (2.500 metros en categoría masculina e de 1.200 metros en feminina), infantís (con 1.200 metros e 800 metros respectivamente), alevíns (cunha volta de 800 metros para a categoría masculina e de 600 para a feminina) e benxamíns (con 500 metros para as dúas categorías).

Nesta proba puntuable para o Campionato Intercomarcal, clasificáronse os dous mellores equipos e os/as oito primeiros/as atletas de cada categoría. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, foi o encargado, xunto con outros membros da organización, de entregar as medallas aos primeiros clasificados (na imaxe) no complexo deportivo As Eiroas. Os resultados das distintas probas por categorías, son os seguintes:

  • Cadete Masculino:
    • 1º Cristian Lage Juncal do IES Parga Pondal
    • 2º Alejandro Rodríguez Veiga, do IES Parga Pondal
    • 3º Martín Torres Vázquez, IES Parga Pondal
  • Cadete Feminino:
    • 1º Valeria Gómez Anido do IES Parga Pondal
    • 2º Lola Ramos Rama do IES Parga Pondal
    • 3º Lorena Pena Muíño, IES Parga Pondal
  • Infantil Masculino:
    • 1º Eduardo Castro Fernández, Colexio Artai
    • 2º Samuel Lodeiro Varela, CEIP Bergantiños
    • 3º Iván Iglesias Loureda, IES Parga Pondal
  • Infantil Feminino:
    • 1º Ana García Vázquez, Atletismo Carballo
    • 2º Marta Mato Blanco, Atletismo Carballo
    • 3º Lucía Varela Hortas, Colexio Artai
  • Alevín Masculino:
    • 1º Iker Rey Pérez, CEIP Bergantiños
    • 2º Andrés Lage Otero, CEIP A Cristina
    • 3º Iván Fernández Castro, CEIP Bergantiños
  • Alevín Feminino:
    • 1º Lucía Carro Rodríguez, CEIP A Cristina
    • 2º Mara Fernández Liñares, Colexio Artai
    • 3º María Serra Álvarez, CEIP A Cristina
  • Benxamín Masculino:
    • 1º Roi Pardiño Gómez, Colexio Artai
    • 2º José Manuel Negreira Abelenda, CEIP A Cristina
    • 3º Diego Grille Landeira, Colexio Artai
  • Benxamín Feminino:
    • 1º Rebeca Vilas Verdía, CEIP Nétoma-Razo
    • 2º Andrea Aldao Ruíz, CEIP Nétoma-Razo/Atletismo Carballo
    • 3º Elena Couto Fraga, Colexio Artai

Volver

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

© Concello de Carballo, 2009