22/03/2012 O programa dos Venres Culturais completa este 23 de marzo a súa oferta musical coa celebración do segundo dos dous concertos previstos de RockCarballo. A Concellaría de Cultura organiza esta iniciativa cos grupos de música electrónica/pop/rock/heavy que están a ensaiar nos locais do Pazo da Cultura, nunha actividade que ten o obxectivo de promocionar a estes artistas do municipio, integrándoos na programación xeral da Concellaría e que no seu momento asinaron o Convenio Musical co Concello de Carballo. Nesta segunda quenda actúan Lowcos, Refugio, Versión Imposible e Killer Cats. O concerto comeza ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. A idea de crear Lowcos nace no ano 2010 en Londres onde se coñecen Suso -vocalista e guitarra- e Conrado -teclados, sintetizadores vento e demais intrumentos-. Desde ese momento fóronse engadindo o resto de membros do grupo, Diego -guitarra-, Pedrín -baixo- e Adrián -batería-, todos eles procedentes de estilos musicais moi variados. O resultado desta mestura é un estilo con sons que van dende a música electrónica ao rock mais clásico. Na actualidade Lowcos está autoeditando o seu primeiro traballo "7 pecados" coa produción de Niki García.
Refugio, outro dos grupos participantes, xuntáronse por vez primeira en 2006 coa intención de facer música pop/rock con César Blanco á voz e guitarra, Sebastián Fariña á batería e Francisco Iglesias á guitarra. Logo de cinco anos en "dique seco", Refugio volta outra vez a surcar os mares da música cunha tripulante máis, a baixista Patricia Fidalgo que xunto ao ímpetu do resto dos integrantes foron quen de retomar este antigo proxecto e poñelo en marcha de novo interpretando temas propios. O grupo Versión Imposible naceu en febreiro de 2009, cando varios compoñentes doutros grupos deciden xuntarse para gozar coa música española dos anos 80, con temas coñecidos e cargados de recordos para todos os integrantes. A formación musical está integrada por Pepe (guitarrista de Tramitess), Fran (guitarrista de Los Vecinos e Portakomporta), Patricia Insua (bajista), Coco (batería de Los Vecinos y Portakomporta) e Peris (voz). Ao longo de 2010 incorpóranse á formación Feli (teclista do grupo Tramitess) e Alberto Martínez (guitarrista de Los Enkfermos, La Crema, etc.) que substitúe a Fran Cerviño.Presentación do disco "Pezas de aquí e acolá"
Non hai que esquecer que a oferta musical do venres 23 no Pazo da Cultura complétase coa presentación do CD do gaiteiro Agustín Sánchez "Pezas de aquí e acolá" (Autoeditado 2012), unha selección de composicións orixinais para cuarteto tradicional. O traballo deste músico que obtivo o título Profesional de Gaita no Conservatorio Municipal de Carballo estréase no Salón de Actos do Pazo da Cultura ás 20.30 horas, coa axuda do recén formado cuarteto tradicional "Farrapos de ghaita", composto por experimentados músicos no eido da música tradicional. Algúns deles tamén acadaron o seu título no Conservatorio carballés, e son: Suso Moreira (Malpica), gaita; Noa Migal (Betanzos), tamboril; e Pablo Pardo (Monterroso), bombo.Buscador:
© Concello de Carballo, 2009