Axenda: 17 de agosto 2012

Axenda Vive

O malabarista Roi Sixto presenta o espectáculo "O Cagabolas" no Xardín Municipal

Roi Sixto

20:00 O programa do Verán Cultural 2012 ofrece unha cita destinada aos máis cativos e cativas. Roi Sixto presenta "O Cagabolas", un espectáculo no que pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un moniciclo sairán dunha maleta. Este malabarista, un dos mellores da escena galega, pretende abraiar ao público con orixinais números de acrobacias e espectaculares xogos. Destaca polo seu virtuosismo, que combina perfectamente o clown e o teatro de rúa. A cita é no Xardín Municipal a partires das 20.00 horas e conta coa colaboración da Deputación.

Axenda Vive

A artista Uxía volve a Carballo para presentar o seu último traballo "Meu canto"

Meu canto

22:30 A artista galega Uxía volve de novo a Carballo para presentar o seu último traballo "Meu canto", unha selección dos temas fundamentais do seu repertorio en directo e tamén de temas que ata a actualidade nunca abordara. O público poderá gozar máis que nunca da excepcional voz sen artificios desta excepcional artista galega que leva 25 anos de carreira artística. A cita, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, é de balde a partires das 22.30 horas na Praza do Concello.

Buscador:


<< 2012 >>
<< agosto >>
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Propoñemos

aqui el nomebanner

© Concello de Carballo, 2009