Axenda: 28 de abril 2012

Axenda Vive

Ruta en Bicicleta por Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela dentro do programa "Coñece o teu Concello"

Cartel

16:00 O Club Ciclista Carballo Placasa, en colaboración co Concello a través do Padroado Deportivo Municipal, propón a celebración da última das rutas previstas no programa "Coñece o teu Concello" a partires das 16.00 horas. A Ruta 4 parte da Praza do Concello e transcorrerá polas parroquias de Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela, realizando paradas en lugares de interés histórico, etnográfico ou paisaxístico, como por exemplo o espazo natural de Razo-Baldaio. Para máis información sobre o programa de rutas, premer aquí.

Axenda Vive

O Pavillón Vila de Noia acolle o Sector zonal do Campionato de España de Balonmán en categoría Xuvenil Masculina

Cartel

16:30 O Pavillón Vila de Noia da capital municipal acolle a celebración, coa participación do Xiria como anfitrión, do Sector zonal do Campionato de España de Balonmán en categoría Xuvenil Masculina. A cita desenvólvese entre o venres 27 e o domingo 29 de abril e abre a posibilidade de que o Ifecgás Pereira Xiria poida estar entre os oito mellores equipos de España. Os encontros do sábado desenvólvense a partires das 16.30 horas. Máis información sobre os horarios, aquí.

Axenda Vive

A mostra do XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís permanece no Pazo da Cultura até o 30 de abril

Exposición XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o luns 30 de abril una exposición realizada coas obras premiadas e unha escolma de 85 das 211 fotografías que se teñen presentado ao XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As cinco obras premiadas son as seguintes: 1º Premio, ""Paseo no río Lérez" de Alberto Pousa Torres; 2º Premio, "Comercio fluvial" de José Luis Morales Martín; Premio Especial Carballo, "Chove en Razo" de José López Pérez; Accésit, "Se me olvidó que te olvidé" de Carlos García Barrio; Accésit, "A Rúa" de Guillermo Pío Gribeiro Malvido. A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< abril >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Propoñemos

aqui el nomebanner

© Concello de Carballo, 2009